Historia da ciencia

Frontispicio das Táboas Rudolfinas, de Johannes Kepler, celebrando aos grandes astrónomos do pasado: Hiparco, Tolomeo, Copérnico e, especialmente, a Tycho Brahe.[1]

A pesar de ser relativamente recente o método científico (concibido na revolución científica do século XVII), a historia da ciencia non se interesa unicamente polos feitos posteriores a dita ruptura. Polo contrario, intenta rastrexar os precursores da ciencia moderna até os tempos prehistóricos, xa que está intimamente ligada á historia das sociedades e das civilizacións.[2]

  1. As Táboas Rudolfinas (Tabulae Rudolphinae) son unha publicación de Johannes Kepler de 1627, consistentes nun catálogo estelar e unhas táboas planetarias, usando os datos recollidos por Tycho Brahe nas súas observacións.
  2. Taton, René (dir.) (1957): Histoire générale des Sciences (t. 1: La Science antique et médiévale; t. II : La Science moderne). Paris; PUF.

Developed by StudentB